Definición e obxectivos
O Plan Territorial de Emerxencias Transfronteirizas ( PTET) é un ferramenta ou instrumento técnico (sen alcanzar unha natureza normativa), que ten como finalidade dar aos diferentes territorios implicados unha solución organizativa e de coordinación estratéxica e integradora en materia de emerxencias fronte aos riscos definidos e identificados, con especial mención aqueles que deriven dos efectos do cambio climático, para os territorios transfronteirizos entre España e as áreas norte e centro de Portugal.
O PTET ten carácter de instrumento técnico que comprenderá un conxunto de procedementos de actuación que constituirán o sistema e dispositivo de resposta fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial ARIEM.
Obxextivos
Ten como máxima a protección das persoas, o medio ambiente e o patrimonio que poida verse afectado. Todo iso, engloba unha adecuada planificación e definición das actuacións para alcanzar unha resposta rápida e eficaz ante situacións de emerxencias fronte aos riscos identificados e analizados, dentro dun marco de colaboración e resposta común por parte dos servizos operativos da zona ARIEM.
Ademais do citado obxectivo xeral, indícanse como obxectivos específicos os seguintes:
• Dispoñer dun estudo pormenorizado no cal se identifiquen, definan e delimiten os riscos da zona ARIEM, tanto de carácter natural como antrópico.
• Reforzar a capacidade operativa incorporando NTIC e novos medios para a prevención e xestión de riscos.
• Formar de maneira especializada na resposta aos riscos detectados.
• Sensibilizar á poboación sobre os riscos identificados, as vías de prevención e autoprotección.
• Inventariar os recursos existentes de intervención fronte as emerxencias.
• Definir un plan ou estratexia de actuación e resposta fronte a calquera situación de emerxencia.
• Harmonizar os procedementos técnicos a través da creación de modelos de organización común, procesos e estruturas transfronteirizas.
• Determinar a posibilidade de creación dunha Rede de Mando Operativo Único para a xestión conxunta.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 2.68 MB |